Barral pídelle a máxima colaboración á veciñanza para someterse á proba PCR que Sanidade esta realizando. Galería de imaxes

548

O cribado estase realizando entre os veciños e veciñas de 18 a 60 anos de idade. En total son 8000 probas durante dez días desde o pasado xoves en horario de 09:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 h no pavillón municipal do Carregal (non se realizará o domingo).

O Sergas convocará a estas 8000 persoas a través de SMS.

María Barral agradeceu a disposición dos responsables da xerencia da área sanitaria, aos que lle trasladou a súa total colaboración para levar a cabo as probas. O Concello porá á súa disposición persoal para desenvolver os dispositivos de control durante os próximos  días e  axudar así ao persoal técnico de Sanidade.

O Concello insta á veciñanza a colaborar e asistir á chamada do Sergas para realizar a proba PCR e que respecten as medidas de seguridade. “Coidamos que é necesario que todo o mundo colabore e que asistan a facerse a proba, tendo en conta da actual situación e o crecemento experimentado nos últimos días. Iso si, pedimos que se despracen os que reciban a convocatoria do Sergas, que vai ir avisando aos poucos, durante os próximos días. A idea é facer 800 probas ao día”.