Betanzos abre o prazo de inscrición para a II Xuntanza de Maiores

162

O Concello de Betanzos vén de abrir o prazo de inscrición para participar na II Xuntanza de Maiores, que se celebrará o domingo 24 de maio na explanada do Parque del Pasatiempo.

O encontro comezará ás 14.30 horas cunha sesión vermú, tras a que as persoas asistentes poderán gozar dunha xornada festiva que incluirá comida, reparto de agasallos e actuacións musicais. A animación musical correrá a cargo do Grupo de Gaitas de Betanzos, mentres que o grupo COMPáS será o encargado da dinamización do evento.

Segundo a organización, o obxectivo desta xuntanza é fomentar a convivencia e ofrecer unha xornada de lecer dirixida ás persoas maiores do municipio.

As inscricións poden realizarse de xeito presencial no local social de Pintor Seijo Rubio (Club de Xubilados de Pintor Seijo Rubio) os luns, xoves e venres en horario de 17.00 a 19.00 horas. Tamén se habilitou a vía telefónica a través dos números 607 11 47 84 (Carlos) e 609 82 17 12 (Cheché).

O prazo permanecerá aberto ata completar as prazas dispoñibles.