O Concello de Betanzos abrirá o vindeiro martes, día 1 de xullo, a piscina municipal descuberta, que prestará servizo de baño durante os meses de xullo, agosto e os sete primeiros días de setembro con horario de 12.00 a 20.00 horas, de luns a domingo. O acceso e emprego das instalacións será dun euro para menores e de dous para adultos ata completar aforo.
A actividade formará parte da oferta de lecer de verán que programa o Concello e que tamén incluirá actividades deportivas e culturais. Xunto á piscina, neste inicio de verán tamén se poñerán en marcha, a próxima semana, os campamentos infantís, nos que participarán 180 menores, en varias quendas, dentro das políticas de conciliación familiar e de igualdade.












