A alcaldesa de Betanzos, María Barral, e o concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda, recibiron na Casa do Concello ao equipo infantil feminino do Club Santo Domingo Betanzos para felicitalo polo seu brillante ascenso á 1ª División Infantil Feminina.
O conxunto betanceiro competirá a vindeira tempada na máxima categoría do baloncesto infantil feminino, un fito que recoñece o esforzo, o compromiso e o excelente traballo realizado ao longo da tempada por xogadoras, adestradores e o conxunto do club.
Durante o encontro, a alcaldesa e o concelleiro trasladaron os seus parabéns ao equipo e destacaron o orgullo que supón para Betanzos contar con deportistas que levan o nome da cidade aos máis altos niveis da competición, converténdose nun exemplo para a mocidade.
O Concello de Betanzos quere expresar o seu recoñecemento ao Club Santo Domingo Betanzos polo seu labor na promoción do deporte base e, especialmente, do deporte feminino, así como desexarlle ao equipo moitos éxitos nesta nova etapa.
Parabéns a todas as xogadoras, ao corpo técnico e ao club por este importante logro. Sodes orgullo betanceiro.
Galería de imaxes: A continuación poden verse algunhas fotografías da recepción oficial celebrada na Casa do Concello.










