Técnicos municipais supervisarán o estado da estrutura da vivenda de Saavedra Meneses que ardeu na tarde do día 18 de xuño.

355
Incendio dunha vivenda no número 83 que afectou o cableado.
Técnicos municipais revisaron o estado no que se atopa a vivenda do número 83 de Saavedra Meneses despois de que sufrise un incendio que afectou ás dúas plantas do inmoble, que mantén unicamente a súa estrutura.


Os feitos producíronse sobre as 19.54 horas do mércores día 18. A esa hora, recibiuse unha chamada de alerta do incendio, o que mobilizou a afectivos de Protección Civil e dos bombeiros do parque provincial de Betanzos.


Realizáronse as tarefas de extinción, comprobando que no interior da vivenda non había ninguén. Os bombeiros realizaron os labores de extinción e volveron á súa sede. Con todo, sobre as 00.10 horas tiveron que intervir de novo por un aviso de fume que saían da madeira que ardera da vivenda. Os labores quedaron finalizadas ás 01.25 horas.


A casa quedou acordoada pola Garda Civil que é quen realiza as investigacións sobre as causas que orixinaron o lume. A vivenda estaba ocupada.