O Concello de Betanzos celebrou na mañá do pasado sábado, 1 de maio, a súa feira con máis convocatoria xunto a do día de Defuntos, do 1 de novembro, cun dispositivo especial de prevención contra a COVID-19.
Desde primeira hora da mañá, a praza Irmáns García Naveira acolleu un dos mercados co gran éxito de convocatoria e baixo estritas medidas sanitarias. Así, ao itinerario seguro marcado pola Adminstración local sumáronse as medidas de reforzo da vixiancia por parte de Policía Local e Protección Civil, que velaron en todo momento polo total cumprimento das recomendacións.