Betanzos comezou o luns, día 4 de xullo o servizo gratuíto de bus á praia.

230

O Concello de Betanzos puxo en marcha o servizo de autobús gratuíto á praia. Despois do éxito que obtivo nas anteriores tempadas estivais, o Concello dálle continuidade á prestación do servizo, que nesta ocasión estará operativo desde luns día 4 ata o comezo do curso escolar en setembro.

“O ano pasado máis de 500 persoas empregaron este autobús para acudir á praia de Miño. Ante esta boa aceptación por parte da veciñanza, este ano volvemos organizar este servizo, e mantemos a súa duración a dous meses e medio”, indicou a alcaldesa, María Barral.

O bus estará operativo os luns, mércores e venres cun único horario, con saída desde a zona do palco da música ás 15:15 h e regreso desde a praia de Miño ás 19:30 horas. O funcionamento do servizo nos días sinalados estará condicionado á situación meteorolóxica.