Betanzos encendeu unha iluminación de Nadal que chegará a todos os barrios e aos centros sociais da zona rural

739

O  Concello de Betanzos inaugurou o pasado 3 de decembro, a iluminación de Nadal, que chegará a todos os barrios e a todos os centros sociais da zona rural. Incrementarase o número de elementos respecto a a iluminación de 2019 e estarán conformados, en todo caso, con luces LED, que contribúen á redución do impacto ambiental. Serán máis de 150 e estarán acendidos de 18:00 horas ás 3:00 horas.

Os motivos escollidos para este ano seguen a liña das do anterior, pero haberá varias sorpresas. Así, poderemos observar novamente a árbore no adro de Santo Domingo e os cubos que conforman a palabra BETANZOS na praza da Constitución, aínda que o protagonista este ano será ben diferente: un agasallo de grandes dimensións.

Árbore no adro de Santo Domingo

Doutra banda, neste 2020 decidiuse instalar esta iluminación seguindo un criterio base, o de colocación dando protagonismo á zona comercial e de hostalería da cidade, para incentivar así as compras e o consumo nos establecementos, dentro doutras liñas de acción do goberno local para axudar ao tecido comercial de Betanzos, como a xa coñecida campaña Merca Tan Cerca

Desde o goberno local queren destacar que “a pesar dos momentos difíciles que estamos a atravesar, sempre hai un motivo que nos fan ver a luz, e é precisamente o que quixemos reflectir nos elementos deste ano”. “Apelamos á prudencia para festexar a Nadal pero non por iso temos que perder o espírito que, ano tras ano, asolaga a nosa cidade”.