Betanzos entrega 1200 pantallas protectoras faciais a comercios, hostalaría e pequenas empresas para o reinicio da súa actividade

895

O Concello comenzou o reparto de pantallas protectoras faciais a pequenas empresas, comercio e hostalaría de Betanzos dentro das accións de axuda para o reinicio de actividade. Trátase de pantallas provisionais para o inicio de actividade, xa que as definitivas non estarán dispoñibles ata mediados da vindeira semana.

En total repartiranse 1200 máscaras protectoras aos locais que o solicitaron nos últimos días na web do Concello. As pantallas provisionais, para quen non dispoña aínda delas, xa que algunas foron entregadas a principios de esta semana por Protección Civil, poden recollerse en horario de 10:00 h a 13:00 h nunha caseta municipal situada diante do Edificio Arquivo.

Tan pronto cheguen as novas (a previsión é que estean no Concello o mércores 13) e para facer máis rápida a entrega, tamén se poderán recoller nesta mesma caseta. Se fose necesario o Concello ampliará os horarios de atención. Para calquera consulta, dispoñedes do teléfono de contacto da Alcaldía, o 981 770105, ou ben no enderezo electrónico [email protected]

Apertura do cemiterio

O Concello confirmou a reapertura do cemiterio para o vindeiro día 11. Será nun horario de 09:30 h a 20:00 h de luns a domingo, nesta fase de desescalada. Ao mesmo tempo tamén confirmou o reinicio da actividade na biblioteca municipal, onde se reduciu ata o 30% a capacidade. Abrirá en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h tarde. Este horario irá ampliándose a medida que pasen os días de desescalada.