O Concello retomou outra vez o pasado sábado 9 a actividade dos mercados semanais de produtos frescos

1057

O Concello retomou o pasado sábado, de novo, a actividade dos mercados semanais de produtos frescos da comarca. O Concello xa lles comunicou a medida aos vendedores, logo de recibir o visto bo do goberno central. Como se lembrará, o mercado celebrouse o pasado martes por primeira vez logo do anuncio da Xunta e coas medidas de seguridade publicadas no Diario Oficial de Galicia do 24 de marzo e suspendido novamente o mércores por orde do Estado polo que o previsto para onte xoves non se realizou. Realizada a consulta sobre a situación xerada esta semana, a Delegación do Goberno manifestou que pode entenderse como autorizada a actividade dos mercados nos que se vendan alimentos, bebidas ou produtos de primeira necesidade, con observación das restricións sobre permanencia, distancia de seguridade e prohibición de consumo de produtos no lugar.

Por isto, o Concello, logo de consultalo cos vendedores e coas vendedoras, xa que o mércores, se suspendera o mercado previsto para o xoves, acordouse con eles reiniciar a actividade o día 12 e decidiu organizar para mañá sábado un novo mercado de produtos.

Realizarase seguindo as medidas establecidas na Orde da Consellería de Medio Rural publicada no DOG o pasado día 24 de marzo na que se  adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación coa Covid-19 “en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 18 de marzo de 2020, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias”.

Os postos distribuiranse na praza en forma de triángulo equilátero, para evitar que un punto de venda estea enfrontado a outro e estarán separados por unha vía de tránsito de doce metros e cunha distancia mínima entre eles de 6 metros. Ademais marcaranse os dous metros de separación entre a clientela.

Dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras deberán gardar entre si unha distancia mínima de 2 metros, e quedará restrinxida a actividade comercial a un único operador ou operadora no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física.

Canto ás persoas usuarias a distancia mínima entre cada unha no mercado será de 2 metros coas excepcións que establece para o efecto a normativa estatal. A Policía Local, as agrupacións de voluntarios de Protección Civil e, en xeral, os axentes da autoridade velarán por que desde o inicio ata a conclusión do mercado se respecte esta distancia mínima persoal, e regularán se fose necesario o acceso para evitar aglomeracións e para evitar na medida do posible calquera contacto social que non teña por obxecto a compravenda.

Canto á limpeza e recollida, os refugallos xerados polo mercado deberán ser depositados en bolsas dentro dos colectores instalados para o efecto polos servizos municipais de limpeza e recollida de lixo.