Betanzos homenaxea o seu produto “estrela” nunha nova Semana da Tortilla, que este ano se celebrará desde ao 15 de outubro

136

O Concello de Betanzos volve apostar pola promoción do seu produto estrela: a tortilla. A alcaldesa, María Barral, presentou unha nova edición da Semana da Tortilla 2023, a XIII, que este ano se celebrará desde mañá ao 15 outubro, e na que participarán 16 locais hostaleiros.

O Concello volverá organizar o certame con catas a cegas para elixir tanto ao gañador, o domingo día 15, como aos cinco locais que se clasifiquen para a final. É dicir, en lugar de probar a tortilla en cada un dos establecementos participantes, serán os hostaleiros os que a trasladen ao Edificio Arquivo para ser degustada polo xurado sen saber o nome do local onde se fixo.

Desa cata, que se celebrará durante a próxima semana, sairán os cinco finalistas para o domingo día 15 que serán valoradas por un xurado profesional. Os integrantes deste xurado serán os encargados de elixir a mellor tortilla de Betanzos nunha cata que será retransmitida polas redes sociais do Concello.

A alcaldesa María Barral, xunto a os representantes dos locais participantes na Semana da Tortilla

O prezo, do mesmo xeito que a porción de tortilla que se ofrecerá en cada tapa, está recollido nas bases da organización, e será de 2 euros.

As persoas que proben a tortilla en cinco locais diferentes entrarán este ano de cinco experiencias gastronómicas para dúas persoas nun dos “Restaurantes da Biosfera”, certificados no ano 2019 na Marca de Calidade. Para iso, os participantes poderán entregar o cupón con cinco selos dos locais participantes en calquera dos establecementos.

O sorteo terá lugar o próximo 19 de outubro ás 13:00 h no Salón Azul do Edificio Arquivo. Ademais nese mesmo cupón poderase votar pola mellor tortilla. A que máis votos reciba será a gañadora na categoría de PREMIO POPULAR.

Os locais participantes na Semana da Tortilla terán un cartel identificativo.

A tortilla servirase entre as 12:00 h e as 15:00 h pola mañá e as 20:00 h e as 22:30 h, excepto os venres e os sábados, nos que o horario será de 20:00 a 23:30 h, aínda que un gran número de establecementos ampliarán este horario. Tamén haberá un concurso a través das redes sociais de Betanzos Tan Cerca, en Twitter @BetanzosCerca; en Facebook www.facebook.com/betanzostancerca e en Instagram @betanzostancerca.

Os locais participantes son: Adega Lastras; TREZE;  Cervexería Yocri; Cafe Segundo; Mesón Avenida,  El Plaza; Bar Restaurante Ternera Grill; Xamonería El Ibérico, Restaurante Casanova;  Bar Galicia, Vinoteca Versalles, Bar Butako, Bar O Rabel, La Travesía, O Noso Recuncho e Bikiño Gastrotaberna.