O Concello de Betanzos colabora na organización da “Betanzos en marcha contra o cancro”, unha andaina solidaria que terá lugar o vindeiro 31 de maio de 2026, co obxectivo de recadar fondos para a investigación e apoiar ás persoas afectadas por esta enfermidade.
A actividade, aberta a toda a cidadanía, propón un percorrido accesible de 5 quilómetros, con saída ás 11:00 horas desde a Praza Irmáns García Naveira. A participación ten un carácter solidario, cun custo de inscrición de 3 euros para menores de 12 anos e 5 euros para maiores desa idade. Todo o recadado destinarase a proxectos de investigación e apoio a pacientes oncolóxicos.
As inscricións poden realizarse de xeito presencial en distintos establecementos colaboradores da localidade, entre eles Piscina Betanzos, Axencia Social Rouco, Froitería Balbina, a Sala de Usos Múltiples do Edificio Liceo (do 10 ao 14 de maio), Floristería Josefina, así como na propia Praza Irmáns García Naveira os días previos ao evento. Tamén está habilitada a inscrición en liña premendo AQUÍ

A iniciativa conta coa implicación de entidades sociais, comercios locais e voluntariado, consolidándose como unha cita solidaria de referencia no municipio. Baixo o lema de apoio, esperanza e investigación, a xornada busca non só recadar fondos, senón tamén sensibilizar á poboación sobre a importancia da prevención e da investigación contra o cancro.
Desde o Concello anímase a veciñanza e ás persoas visitantes a sumarse a esta xornada solidaria e participar activamente nunha causa que afecta a toda a sociedade.











