Magdalena Piñeyro e Laura Faílde chegan ao Concello de Betanzos para falar de nutrición, saúde e gordofobia.

320

O sábado 30 de maio, ás 12.00 horas, no Salón Azul do Edificio Liceo terá lugar a actividade Rompendo a norma: Conversas sobre nutrición, saúde e gordofobia.

Esta iniciativa enmárcase na semana na que se conmemora o Día Internacional da Saúde das Mulleres, desenvolvéndose conxuntamente entre o Concello de Betanzos e o Colectivo Feminista das Mariñas.

A conversa contará coa presenza de Magdalena Piñeyro, recoñecida escritora e activista antigordofobia, e de Laura Faílde, nutricionista especializada en trastornos da conduta alimentaria, creando un espazo aberto no que a cidadanía poderá realizar as súas achegas e tamén resolver as súas dúbidas sobre esta materia.

A actividade será de balde ata completar aforo, e apta para todo tipo de público.