Betanzos pechou os Caneiros mentres Garda Civil e Policía Local vixiaron os accesos e foron esixentes co cumprimento das normativas

527

Betanzos pechaou os Caneiros mentres Garda Civil e Policía Local vixiaron os accesos e foron esixentes co cumprimento das normativas

O campo abriuse o día 19 e a pecharse novamente para o segunda cita que tería que celebrarse o día 25


Os Servizos municipais concluíron os traballos para pechar os accesos ao campo de Os Caneiros. Policía Local e Garda Civil velarán polo cumprimento de medidas de seguridade establecidas nas normativas pola Covid 19. A pesar da suspensión da xira, tanto a do día 18 como a do día 25, os axentes estarán nos camiños de acceso ao campo de Os Caneiros.

Os primeiros no termo municipal de Betanzos e os segundos en Coirós. Advertirán ás persoas que, a pesar da suspensión das xiras, desprácense camiñando ata Os Caneiros, que a parcela municipal permanecerá pechada e velarán polo cumprimento das normativas.

Polo río pasará o mesmo coa Garda Civil. Os integrantes das embarcacións tampouco poderán acceder á parcela municipal, pero si celebrar, se é o seu desexo, Os Caneiros no barco. Nese caso, a Benemérita fará controis sobre limitación de aforo en cada embarcación e documentación en regra.

Ademais, no propio Campo de Os Caneiros, que estará pechado en todos os seus accesos, permanecerá a Garda Civil.

A decisión do Concello de non celebrar as xiras nin o lanzamento do Globo tómase por “razóns de seguridade pola Covid-19 e a imposibilidade de celebrar eventos que xeren aglomeracións ou concentracións de persoas. É unha decisión difícil, como foi a do Globo, pero cremos que responsable porque a seguridade das persoas está por encima de calquera outra cuestión”.

De todos os xeitos, o Concello confía na responsabilidade da xente “que é consciente tamén, por todo o que está a pasar, que este tipo de eventos é imposible celebralos. Por responsabilidade e porque o máis importante é a saúde. Se a pesar diso, algunha persoa aínda se despraza ata o campo hai que lembrar os riscos que iso supón xa que non haberá ningún dispositivo de seguridade nin no río nin en terra e, por tanto, non haxa presenza de sanitarios nin de Protección Civil nin Cruz Vermella.

Os axentes velarán polo cumprimento estrito das normativas, tanto en canto a máscaras como a distancia social ou a celebración de “botellóns” que están prohibidos.