Betanzos presenta un novo programa de actividades deportivas e turísticas polo Mandeo

1117
Rio Mandeo

O Concello ofertará diversas actividades deportivas e sendeirismo no río Mandeo. Trátase dun programa municipal no que se integrarán diversos eixes. Por unha banda, o turístico, o deportivo e o educativo. Así o anunciaron a alcaldesa, María Barral e o concelleiro de Educación, Cultura e Deportes, Andrés Hermida, quen indicou que se trata dunha actividade na que vén traballando desde hai un tempo “como complemento a programas de educación ambiental dos centros educativos, e como actividade de promoción turística”.

Partindo deses eixes, o concelleiro avanzou que o programa consistirá a posibilidade de realizar rutas en kaiak e sendeirismo polo Mandeo. Haberá catro tipos:

-Ruta combinada de sendeirismo e kaiak. Parte a pé desde a Espenuca aos Caneiros alí coller os kaiaks ata o Pedrido, coñecendo a ría de Betanzos.

-Opción só kaiak.

-Ruta nocturna con observación de estrelas: realizaríase unha camiñada nocturna pola contorna das Fragas do Mandeo e facer parada para observar as estrelas e aprender do ceo nocturno cun guía especializado.

– Ruta de sendeirismo de interpretación ambiental: ruta de sendeirismo con paradas interpretativas onde especialistas en medioambiente e patrimonio contarán historias dos que se está vendo na ruta.

Andrés Hermida indicou que o programa de realizará a partir de outono para os escolares do instituto, de face a coñecer de preto, desde un punto de vista medio ambiental, o río Mandeo; e con anterioridade incluirase na oferta de lecer alternativo, tanto para a veciñanza como para turismo.

Unha actividade que, segundo o edil, completará as rutas que se ofertan durante o verán, ata o mes de outubro, a través da Diana Cazadora.