Betanzos continúa avanzando namellora da xestión dos biorresiduos coa implantación progresiva do contedor marrón nos municipios consorciados. Este novo colector orgánico conta cun sistema de control de apertura mediante tarxeta, unha medida que permite evitar impropios e asegurar unha fracción orgánica de calidade, fundamental para a correcta compostaxe e valorización do residuo.
Co obxectivo de facilitar a participación da veciñanza, habilitáronse diferentes puntos de provisión nos concellos para que as persoas que aínda non dispoñan da súa tarxeta poidan recollela de maneira sinxela e gratuíta.
Puntos de recollida de tarxetas:
Luns a venres, de 9:00 a 14:00
Concello de Betanzos edificio Liceo – Rexistro
A correcta separación da materia orgánica é clave para avanzar cara a un modelo de economía circular máis eficiente, reducindo o volume de residuos destinados a vertedoiro e transformando os restos orgánicos en recursos útiles.
As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada napáxina web do Consorcio: https://www.consorcioam.org/gl/ou inscribirse directamente en https://consorcioam.rsu.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 981 784 704 ou do correo electrónico [email protected].
Esta iniciativa conta coapoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestiónsostible e de proximidade, implicando ácidadaníanaredución e valorización dos seus propios residuos.











