A Secretaría Xeral da Lingua vén de anunciar unha nova convocatoria de cursos formativos para preparar os exames oficiais dos Certificados de Lingua Galega, correspondentes ao niveis Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Este programa está destinado a persoas maiores de 16 anos que non dispoñan do título e queiran certificar oficialmente a súa competencia en lingua galega.
A convocatoria inclúe tanto cursos presenciais, que serán impartidos nas 7 cidades galegas e en Madrid, como cursos en liña. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude a través da Plataforma de Teleformación, da Secretaría Xeral da Lingua, para a cal necesitarán crear unha conta de acceso (se non dispoñen dela): https://formacion-lingua.xunta.gal
O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro día 5 de marzo de 2026.
Para consultar a convocatoria completa e información dos cursos ofertados, AQUÍ
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 77 00 11 (ext. 2252) ou no enderezo electrónico [email protected].











