Xa está a venda as entradas para participar na “Survival Zombie 2019” que terá lugar o 2 de marzo.

1877

As entradas para participar na “Survival Zombie 2019” que terá lugar o 2 de marzo en Betanzos xa están á venda  no edifico Arquivo do antiguo Reino de Galicia. Pódense adquirir hoxe, xoves, e mañá, en horarios de  14:00 h a 16:00 h

A maiores, todos os sábados de 12.00 h a 14:00 h

Dúas semanas antes, do 18 de febreiro ao 1 de marzo o horario volverá a ser de luns a venres de 14:00 h a 16:00 h e os sábados de 12:00 h a 14:00 h

O Concello e a empresa promotora da “Survival Zombie” ultimaron diversas cuestións relacionadas coa xornada que terá lugar o 2 de marzo coincidindo coas festas de Entroido.  A alcaldesa, María Barral, mantivo xunto ao concelleiro de Xuventude, Pablo Beade, unha reunión con membros da empresa World Real Games que están a localizar os lugares nos que se desenvolverá a proba o día 2 de marzo.

A alcaldesa, María Barral, mantivo xunto ao concelleiro de Xuventude, Pablo Beade, unha reunión con membros da empresa World Real Games que están a localizar os lugares nos que se desenvolverá a proba o día 2 de marzo.

Trátase dun evento único que se desenvolverá de 23:00 h a 05:00 h no que os participantes vivirán unha trama post apocalíptica, loitando por sobrevivir a través de diferentes probas a modo de xincana mentres foxen da presenza dos zombies. Se son cazados por eles, pasan ao lado escurso e xogan do outro lado, experimentando nas súas propias carnes que significa ser un morto vivente. A actividade contará cun equipo de maquilladores profesionais.

Survival Zombie converteuse na revelación dos eventos lúdicos en España. Ata agora, máis de 100 000 persoas gozaron deste real game no que se concentran entre 1000 e 3000 participantes na súa edición orixinal que viven edición a edición e por toda España.  O evento a grandes liñas consiste nunha xincana por toda a localidade onde a participantes apúntanse como sobreviventes e teñen que conseguir sobrevivir durante toda a noite perseguidos por Zombies e “axudados” por militares ou axentes secretos. Realizouse en máis de 200 localidades con máis de 200 000 xogadores por toda España, cun éxito sen precedentes. A media de xogadores en cada edición é de ao redor de 500 ata os 4500 xogadores que houbo en Barcelona, con persoas  que veñen de todos os recunchos do país.

O concelleiro de Xuventude explicou que un elemento moi importante e diferenciador neste xogo é que está totalmente prohibido o alcol ao ser un evento deportivo, que fomenta o turismo, o deporte e  a hostalaría. O xogo desenvolverase en entre 15 e 18 localizacións,  abertas e pechadas para o desenvolvemento do xogo. Haberá montaxe de escenas e puntos de control.

Poderán xogar persoas de 10 a 14, acompañados de pai nai titor; de 14 a 18 con permiso paterno ou materno, e maiores de 18 anos.

Cartel da actividade