Campaña de colaboración cidadá

617

O Concello quere agradecer publicamente a colaboración recibida por parte de empresas e particulares á campaña na que se solicitaba e solicita a colaboración cidadá para entregarlle ao Concello algún material de protección con destino aos servizos sociosanitarios.

Nas últimas horas rexistráronse numerosas chamadas nas que se ofrecía material aínda que non se adaptaba ás necesidades. No entanto, si que se recibiron medios materiais aptos, especialmente por parte de dúas empresas: Comercial F3 e Calzados Escala, para poder entregarlle aos servizos sociosanitarios que prestan o servizo de axuda a domicilio. Nesta recollida entregáronse máscaras e luvas, especialmente.

O Concello manterá o servizo de recollida deste material no 981 774 742 dadas as necesidades que teñen outros servizos do ámbito sanitario.

Por outra banda, o goberno local iniciou un programa especial de limpeza viaria que incluirá rúas, parques, prazas e mobiliario urbano. Está a realizarse con medios propios e continuará nas próximas horas con labores de desinfección como consecuencia do Covid-19.

Mantense tamén un dispositivo permanente de axuda a todas aquelas persoas que o necesiten chamando ao 981 774 742, un dispositivo no que participan os Servizos Sociais do Concello e a Cruz Vermella., ademais de Protección Civil e a Policía Local.