Carlos Arévalo e Ivanna Román, serán escollidos os mellores deportistas betanceiros 2019 na IV Gala do Deporte

404
Gala do deporte 2018

O Concello celebrará a IV Gala do Deporte o venres 20 de decembro. Na Gala distinguiranse e recoñecerase publicamente a traballo, resultados e méritos deportivos das persoas e clubs e entidades deportivas que desenvolven o seu labor no Concello.

Os galardoados foron ratificados polo Pleno na sesión que tivo lugar o pasado martes. Así, como mellor deportista masculino escolleuse ao piragüista Carlos Arévalo López, subcampión do mundo de K4 500 metros; como mellor deportista feminina a Ivanna Román Sánchez, campioa de España xuvenil de xavelina.

A gala tamén destacará a traxectoria como mellor deportista promesa masculino de Pedro Mantiñán Vieira, na disciplina de patinaxe de velocidade e como promesa feminina á piragüista Irene Lata Cagiao. Tamén se nomeará ao Betanzos CF Infantil coma mellor equipo masculino do ano e ao conxunto feminino deste mesmo club como mellor equipo feminino do concello.

A mellor entidade recaerá no Clube Náutico Ría de Betanzos, polo palmarés dos seus deportistas

Deportistas destacados/as da tempada: Daniel Rodríguez Vázquez (fútbol), José Miguel Pérez Balbuena “Tyson” (Baloncesto), Mar Delgado Suárez (ciclismo MTBO), Raquel Vara Pernas (padel), Seung Han Shin Jang, Begoña Veiga Rodríguez, Izan Prego Pena, Lucas Mahía Vázquez, Arón Vázquez Martínez, Vladimir Zapparov, Ana Llin Shin Veiga, Lucía García Reyes,Tania Cortés Gil, Laura Penas Conde, Samuel Crespo Valiño, Jessy Sun Shin Veiga e Adriana Carro Aguiño (taekwondo), Iván Fernández Freire, Laura Pérez Porto, Gema Alonso Rebollo, Darío Rodríguez Ramos, Pablo Pena Mosquera, Diego Fernández Balado, Antón Veiga Prado, Joaquim Fragoso Rivas, Neftalí Paraje Díaz, Adolfo Monteagudo Leal, Marcos Cascallar Guiadas, Javier Benito Rey e José Domingo Vía Gómez (piragüismo), Carmen Castro Rábade e Sara Edreira García (hípica), María Filgueiras Barcenilla (ciclismo estrada e MTB), e Antón Pérez Medín (golf), resultando un total de 34 deportistas nesta categoría.

Entidades patrocinadoras: Maldita Buena Suerte, Pizzería Trattoría Sinuessa, Clínica de Fisioterapia Adrián Maceiras, Caravanas y Remolques Mallón, Comercial BECANI, VEGALSA EROSKI, GADISA, Seguridad SPyC, Calzados Escala, Peluquería DOYMA,

Mencións Especiais: Francisco Buyo Sánchez, José Luis Carro Pita, Andrés Marqués Velo, José Paraje Martínez, Manuel Gómez Cagiao, As Vellas Non Paramos, Peña Escala, Fundación Manuel Villuendas; Cruz Vermella, Protección Civil e Policía Local de Betanzos.