Case unha vintena de establecementos ofrecerán “pinchos especiais” durante a Semana Santa desde mañá ata o día 31

29
A alcaldesa María Barral e a concelleira de comercio Ángeles Veiga xunto aos hostaleiros participantes na presentación da semana do pincho especial Semana Santa

Betanzos inicia unha semana “especial” do pincho que coincide coa Semana Santa. Desenvolverase desde o día 22, ao domingo 31 de marzo e nela participarán 19 establecementos de hostalaría dentro das accións para potencia a gastronomía, a hostalaría e dinamizar outros sectores da cidade.

A diferenza da Semana do Pincho tradicional, nesta edición especial só haberá un premio popular que sairá dos votos emitidos polas persoas que durante os próximos días degusten os petiscos. Os prezos dos petiscos irán des os 2 ata os 4,5 euros.

Na relación de pinchos que se poderán desgustar están desde unha CESTA MARIÑEIRA PIRRI (niño en base de pataca rechea de xiba no seu prebe, alga nori, coandro e galleta mariñeira) ata un PETISCO DA COSTA (galleta salgada, luriñas recheas de gambas e cebola, e tella de tinta de lura con alioli suave) ou un BRIOCHE CON ESCALIVADA E PALLA DE LURA (pan brioche, leite, tona, azucre, canela, limón, ovos, lura, pemento vermello, berenxena, cebola, allo, aceite de oliva, aceite de xirasol e sal), ARROZ NEGRO CON LURIÑAS (arroz bomba, tinta de xiba, luriñas, cebolo e rustrido de allo e cebola), CIRIO (ovo negro cocido, salmón afumado, gulas, maionesa, bocartes, vinagre de Módena e pementos do piquillo), CORAL POKE (salmón, manga, aguacate, edamame, ensalada de wakame e coral de folla de arroz), CROCANTE DE FACEIRA SOBRE COULIS DE CENORIA (faceira, queixo, cenoria, pataca e porro), CAPIROTE (surimi, gulas, atún en escabeche, aceite de oliva, olivas recheas e pemento do piquillo), ESENCIA DA DELICIA (caldo de espiñas de atún vermello, bresa de verduras, atún vermello, soia, yuzu, wasabi, kichen, perfume de salgueiro, xema de ovo conservada en vinagre, percebe, kombu, fideos, arroz, wakame, enokitake etc.), PEzCADOS (milfollas, sardiña afumada, San Simón, eiruga, prebe emulsionado con Mencía, mostaza, maionesa, ceboliña etc.), TACO RABEL (pementos, polo, chile, maionesa, coandro, millo, mostaza, limón, aceite e sal), BRIOCHE DE STEAK TARTAR (pan brioche artesanal, costeleta de vaca madurada, prebe de cítricos), PALA ROMANO GALAICA (polbo, queixo, grelos, fariña, aceite, pemento picante e sal), O MELLOR DO MEU CURRAL (ovo, queixo, beicon, leite, aceite, sal e fariña), CROQUETA DE BACALLAU CON PARMENTIER  DE QUEIXO GORGONZOLA (leite, manteiga, cebola, tona, bacallau, fariña, porro, tomate, queixo gorgonzola, AOVE e rebozado), POMBA DE ENSALADA RUSA LASTRAS (pataca, cenoria, ovo, maionesa, piparra, anchoa, ceboliño, aceite e sal), π 3,1416 (bacallau, allo, aceite de oliva, sal, leite, chile, tomate, pan, pemento e cebola), TORRADA TRADICIONAL DE PAN BRIOCHE  CON XEADO DE VAINILLA (pan brioche, leite, nata, tona, azucre, canela, monda de limón e laranxa, ovo  e fariña de trigo para rebozar. Fritidas en aceite de xirasol e cubertas de azucre e canela) e un PETISCO DE SEMANA SANTA.

Participarán O Novo Pirri, Café de Segundo, Yocri, Mesón Avenida, Cafe Bar Plaza, Ternera Grill,  Restaurante Cho, Café Bar El Ibérico, Restaurante Casanova, Vinoteca Versalles, Bar O Rabel, La Travesía, Adega do Pino, Feito con Xeito, Moana, Adega Lastras, Casa do Queixo, Café Lanzós e Treze.

As persoas que participen na votación para outorgar o premio popular deberan cubrir o boleto, debidamente cuberto e selado en 5 dos 19 establecementos, para entrar así no sorteo de cinco experiencias gastronómicas para dúas persoas nun dos Restaurantes da Biofera.