O proxecto cuidadanas aproxímase ao rural de betanzos da man de fundación mujeres.

54

O Concello de Betanzos pon en marcha o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural que desenvolve Fundación Mujeres con mulleres coidadoras de persoas en situación de dependencia.

A través deste proxecto traballaranse temas tan importantes como saúde e autocoidado; fomento da autoestima; dependencia emocional; poñer límites; xestión do tempo, etc.

Desenvolverase no Local Social de Xanrozo, como unha forma de ir aproximando o proxecto ás parroquias betanceiras, todos os venres dende o 12 de abril ata o 14 de xuño, en horario de 10 a 12.

Nesta actividade poden participar mulleres a partir dos 18 anos, e ofrécese como un servizo totalmente gratuito.

O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 8 de abril, incluído, chamando ao departamento de Servizos Socais no 981.77.07.07 ou enviando un correo electrónico a [email protected].