CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de abril.

210

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar dúas actividades formativas.

Os días 1, 3, 5, 8, 10 e 12 de abril comezamos co curso “Teléfono móbil” dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do teléfono. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 a 11:30 horas.

Os días 8 e 10 de abril terá lugar o curso “Wikimaratón Betanzos” dirixido ás asociacións. En horario de 17:00 a 19:00 horas.

O día 15 de abril comezamos coa charla “Servizos Financieiros” dirixido ao público en xeral. Nesta formación terá a oportunidade de aprender os diferentes tipos de tarxetas, comisións bancarias e os dereitos como clientes de produtos bancarios. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 a 11:30 horas.

O día 17 de abril comezamos coa charla “Telefonía móbil e internet” dirixido ao público en xeral. Nesta formación terá a oportunidade de aprender as tarifas existentes, contratacións de servizos e os dereitos como clientes de produtos telefónicos e de internet. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 a 11:30 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/gl, chamar ao teléfono 6186930052401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal