CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de agosto

351

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

O 23 de agosto comezamos o curso “Tramita a axuda de 200€ da Axencia Tributaria” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:00 h.

O 24 de agosto comezamos o curso “Sede electrónica do Concello de Betanzos” dirixido a persoas sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:00 h.

O 25 de agosto comezamos o curso “Oficina Virtual Tributaria do Concello de Betanzos” dirixido a persoas sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:00 h.

O 26 de agosto comezamos o curso “Tramita o Bono Alugueiro para a mocidade” dirixido á mocidade. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:00 h.

O 30 de agosto comezamos o curso “Obradoiro STEAM para a rapazada de 8 a 11 anos” dirixido a persoas sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:30 h a 13:30 h.

O 31 de agosto comezamos o curso “Obradoiro STEAM para a rapazada de 12 a 15 anos” dirixido a persoas sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:30 h a 13:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 981 771 300, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.betanzos@xunta.gal.