Betanzos pon en marcha un plan especial de limpeza viaria “Betanzos Limpo”

321

O Concello puxo en marcha un programa de limpeza “Betanzos Limpo” que incluirá a limpeza viaria en todos os barrios da cidade. A programación de traballos iniciouse no centro histórico para continuar polos diferentes barrios da cidade.

Os traballos execútanse a través dos servizos municipais e operarios externos desde primeira hora da mañá para evitar problemas de tráfico. Estes traballos únense aos labores de mantemento de mobiliario urbano e parques infantís que leva a cabo a concellería de Infraestruturas.

Xogos infantis na rúa Pintor Seijo Rubio

Neste programa incluíuse o pintado de bancos, farois, valos de madeira, papeleiras e exteriores de edificios públicos, que se viron afectados por pintadas. Ademais estase que levando a cabo un programa de mellora de parques infantís coa reparación de xogos e o pintado dos mesmos, moitos deles afectados tamén por accións de vandalismo.

Paseo da Tolerancia