CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de febreiro.

561

Betanzos, 29 de Xaneiro de 2020. Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

 

Os días 2,3,4,8 e 9 de Febreiro comenzamos o curso “Edición de fotos con GIMP” dirixido a persoas con coñecementos previos no paquete ofimático e en fotografía. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 a 12:00 horas por videoconferencia.

Os días 8 e 9 de Febreiro levaranse a cabo unhas “Xornadas informativas de trámites electrónicos” dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso da administración electrónica. Esta actividade levarase a cabo en horario de 12:00 a 13:00 horas por videoconferencia.

Os días 10,11,17 e 18 de Febreiro celebrarase o curso “Iniciación a Internet e Correo Electrónico”. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 a 11:30 horas por videoconferencia.

Os días 22,23,24 e 25 de Febreiro levarase a cabo o obradoiro “Trámites Electrónicos”. Para aquelas persoas interesadas en iniciarse no uso da administración electrónica. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 a 12:00 horas por videoconferencia.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na R/ Emilio Romai, nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981770011 ext 2401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected]