CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de maio

506

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

Do 5 ao 7 de maio levarase a cabo o exame “Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática: CÓDIX”. Dirixido a poboación en xeral. Necesaria inscrición previa. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h e de 16:00 a 18:00 horas presencialmente.

Do 10 ao 12 de maio comezamos o taller “Uso de aplicacións no móbil” dirixido a persoas sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:30 h por videoconferencia dende a Aula CeMIT.

Do 24 ao 27 de maio será a quenda do obradoiro “Elaboración de CV e busca emprego por Internet”. Dirixido á poboación en xeral. En horario de 16:00 h a 17:00 h presencialmente.

Do 31 de maio ao 3 de xuño será a quenda do curso “SEO-Posicionamento WEB”. Dirixido á poboación en xeral. En horario de 10:00 h a 12:00 h por videoconferencia dende a Aula CeMIT ou de xeito presencial.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981770011 (ext 2401), ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected].