Resolto o XI Concurso de carteis das Letras Galegas

966

Ana María Fraga Rodríguez do Centro Pain Menni foi a gañadora do 1.º premio do XI Concurso de carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos. O cartel ilustrará o programa das Letras Galegas do Concello de Betanzos 2021.

Os accésits da undécima edición deste concurso foron para Paula Blanco Garea de 6.º de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e Zahira Figueroa Martínez de 2.º de primaria do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”.

Este ano presentáronse 90 carteis ao XI Concurso de carteis das Letras Galegas de alumnado do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín e do Centro Pai Menni. O xurado valorou a participación, a calidade e a orixinalidade e a adecuación ás bases dos carteis presentados.

A entrega dos premios do XI Concurso de carteis das Letras Galegas realizarase o vindeiro xoves venres 14 de maio ás 19:30 h no Salón Azul do edificio Arquivo, sempre que as circunstancias da evolución da situación sanitaria o permitan.

1.º premio XI Concurso de carteis das Letras Galegas

Ana María Fraga Rodríguez (Centro Pai Menni)

Accésit XI Concurso de carteis das Letras Galegas

Paula Blanco Garea (CEIP Francisco Vales Villamarín)

Accésit XI Concurso de carteis das Letras Galegas

Zahira Figueroa Martínez (CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”)

Para descargar a acta da sesión do xurado do XI concurso de carteis Letras Galegas prema aquí