CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de outubro.

374

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

O 18 de outubro comezamos co curso “Tramita o Bono Alugueiro para a mocidade” dirixido a persoas entre 18 e 35 anos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h.

O 19 de outubro comezamos coa charla “Tramita a axuda para a mobilidade eléctrica” dirixido a persoas maiores de idade . Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h.

O 20 de outubro comezamos coa charla “Tramita unha reclamación e denuncia a Consumo” dirixido a poboación en xeral . Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h.

Do 24 ao 27 de outubro terá lugar o curso “Iniciación á informática” dirixido á poboación en xeral sen coñecementos previos de informática. Esta acción formativa ten como finalidade acceder o correo electrónico, redactar un correo, etc. En horario de 10:00 h a 11:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 981 771 300, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal