Hoxe tivo lugar no salón azul do edificio Liceo, a clausura obradoiro dual de emprego “empregabilidade na asistencia persoal” , que promove o Concello de Betanzos en colaboración co Concello de Coirós.
Trátase dun programa no que as persoas traballadoras desempregadas participantes recibiron unha cualificación profesional ao mesmo tempo que desnvolveron un traballo en actividades de utilidade pública e de interés social.
Nel, participaron 20 alumnos/as-traballadores/as e foron impartidos 3 certificados de profesionalidade:
1. Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
2. Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
3. Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade.
A formación teórico-práctica levouse a cabo no Centro de Formación Ocupacional de Betanzos, e a formación práctica nos centros de traballo nas seguintes institucións: Fundación Hospitalarias Betanzos, Residencia García Hermanos, ASPACE, ASPRONAGA e o SAF de Betanzos.











