Betanzos celebró su tradicional concierto de la “Ilusión” con la incorporación de seis nuevos integrantes en la Banda Municipal de Música Galería de imaxes

133
A alcaldesa, María Barral, xunto co director da banda, Juan Ferrer e a concelleira de cultura, Ana Veiga, e os novos integrantes da banda.

Betanzos celebrou o tradicional concerto da ilusión. Trátase dunha das citas culturais máis importantes do ano no que a Banda municipal recibe a novos integrantes. A alcaldesa, María Barral, explicou que o concerto é “unha das citas máis agardadas polos nosos mozos e mozas, que está na axenda de todas as persoas que seguen a actividade cultural da cidade e volve pór en foco a Banda Municipal de Música de Betanzos. O Concerto da Ilusión citounos, un ano máis, para compartir un soño, o dos debutantes que, sobre o mesmo escenario que os músicos e as músicas veteranas, experimentarán as emocións propias dunha estrea e converten Santa María nesa fábrica de soños que anuncia o Nadal”.

A alcaldesa destacou a importancia que ten este acto para os mozos e as mozas integrantes, o “bautismo” como músicos e músicas. Trátase de Libe Cabanas Somoza, Jumena González Herraiz, Martín Silva Pérez, Nicolás Varela Suárez, María Boado Vidal e Brais Pereira Brey.