Costas inicia a limpeza das marxes dos ríos Mendo e Mandeo en pleno centro urbano, atendendo a petición do goberno local

534

Costas iniciou a limpeza das marxes dos ríos Mendo e Mandeo ao longo da zona urbana. Xunto cun plan de desinfección de espazos públicos que se realiza a diario e un programa de roza de vías municipais que se executa tanto por operarios municipais como por empresas externas na zona rural e no núcleo urbano, o goberno local tiña entre os seus obxectivos o acondicionamento das marxes dos ríos, máis se cabe, tendo en conta que é, fundamentalmente, durante esta época do ano, nos que se pode realizar esta limpeza polo descenso do caudal.

Neste sentido, a alcaldesa, María Barral, trasladou ao máximo responsable da Demarcación de Costas do Estado, Rafael  Eimil, a necesidade de acometer estes traballos.  Froito desas conversacións, Costas do Estado acaba de iniciar os traballos de limpeza, entre a ponte Vella e a zona do Carregal (ríos Mandeo e Mendo). Os traballos prolongaranse por espazo de varios días, retirando toda clase de refugallos e maleza da zona. A primeira edil destacou a colaboración e disposición da Demarcación de Costas por “acondicionar as marxes do tramo urbano” dentro das posibilidades orzamentarias que se dispón.

Retirada de árbores

Como complemento a estas obras, o goberno local está a levar a cabo unha serie de traballos para a retirada de árbores e troncos de grandes dimensións que a auga do río Mendo arrastrou ata a zona da ponte Nova e a ponte de madeira. Algún destas árbores medían preto de 25 metros co que os traballos se prolongaron no tempo.

A forza coa que “baixou” a auga durante as últimas semanas fixo que moitas árbores caesen ao río co cal se espera que puidesen aparecer máis “árbores ou ramas na zona” segundo explicou o primeiro tenente de alcalde, Diego Fernández, que nas últimas horas visitou o tramo xunto cos persoal dos servizos municipais.

Ademais dos retirados, o  Concello localizou outros río arriba, tanto no Mendo como no Mandeo, que se irán retirando tan pronto como se poida “tendo en conta que nestes momentos os operarios municipais teñen que atender outras actuacións como consecuencia do coronavirus”.