Betanzos entrega outras 1.200 pantallas protectoras faciais a comercios, hostalería e pequenas empresas para o reinicio da súa actividade

564

O Concello comenzou  o reparto doutras 1.200 pantallas de protección facial a pequenas empresas, comercio e hostalaría de Betanzos dentro das accións de axuda para o reinicio de actividade.

En total repartiránse 1.200 máscaras protectoras aos locais que o solicitaron nos últimos días na web do Concello. As pantallas poden recollerse en horario de 9.00 a 13.00 horas nunha caseta municipal situada diante do edificio Liceo. Trátase de novas pantallas, que non chegaran a semana pasada. Durante estes días, os comerciantes que as soliclitaron recibiron outras provisionais.

Para calquera consulta, dispoñedes do teléfono de contacto da alcaldía, no 981 770105 ou ben no correo electrónico [email protected]