O Concello de Betanzos pon en marcha, un ano máis, o campamento de verán Betanzos Concilia, coa finalidade de axudar ás familias betanceiras a conciliar os tempos laborais e familiares durante a época estival.
O lugar de realización será o Aulario de Infantil do CEIP Francisco Vales Villamarín, e farase en tres quendas diferenciadas; a primeira do 22 de xuño ao 10 de xullo, a segunda do 13 ao 31 de xullo, e a terceira do 3 ao 14 de agosto.
O horario distribúese de 08:00 a 15:00 horas; sendo a entrada ás 08:00 ou ás 09:00, e a saída flexible entre as 14:00 e as 15:00 horas.
O número de prazas ofertadas por quenda é de 60, tendo preferencia quen se encontre empadroado/a no municipio brigantino. A cota de participación por quenda e menor será de 50 euros.
Poden realizar a solicitude as familias de nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, nacidos entre 2014 e 2022.
O prazo de inscrición estará aberto dende o venres 8 de maio ata o venres 22 de maio. As solicitudes presentaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Betanzos ou premendo AQUÍ
As persoas que acrediten que non contan cós medios necesarios para realizalo por esta vía, poderán realizala solicitude de xeito presencial nas dependencias dos Servizos Sociais.
Para descargar as bases do campamento de verán Betanzos Concilia preme AQUÍ












