Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

O Concello de Betanzos convoca o XI Concurso de carteis das Letras

22 Marzo, 2021 - 23 Abril, 2021

O Concello de Betanzos inicia a programación das Letras Galegas 2021 co XI Concurso de carteis, que este ano se centrará na figura da escritora Xela Arias.

O cartel escollido polo xurado do XI Concurso de carteis das Letras Galegas será o que ilustre o Programa das Letras Galegas 2021 do Concello de Betanzos. A entrega dos premios farase nun acto público e outorgarase un primeiro premio ao cartel seleccionado e dous accésits.

Os carteis que se presenten ao concurso deberán ter como motivo a figura homenaxeada neste ano, Xela Arias, e realizarse de xeito individual ademais de axustarse ás bases que se poden consultar en www.betanzos.gal. Os traballos poderanse entregar desde o 22 de marzo ata o vindeiro 23 de abril nas secretarías do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín, do Centro Pai Menni, na Casa do Concello ou na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico [email protected].

Consulta as bases completas aquí.

Detalles

Comienza:
22 Marzo, 2021
Finaliza:
23 Abril, 2021

Lugar

Betanzos, A Coruña 15300 España