Rutas guiadas fluviais para descubrir Betanzos desde o río durante o verán.

550

O Concello de Betanzos, a través da súa área de Turismo, pon en marcha unha nova edición das Rutas Guiadas Fluviais, unha proposta que permitirá a veciñanza e ás persoas visitantes coñecer o patrimonio natural, histórico e paisaxístico da cidade desde unha perspectiva diferente: navegando polas augas da ría.

As saídas realizaranse entre os meses de xuño e setembro, en diferentes datas e horarios, ofrecendo unha experiencia guiada para descubrir a relación de Betanzos co seu entorno fluvial, a súa historia marítima e os valores ambientais dun espazo de grande interese.

As rutas partirán desde o Paseo da Tolerancia e contarán cunha capacidade máxima de 50 persoas por saída. Para garantir a realización da actividade será necesario un grupo mínimo de 10 participantes.

Inscrición obrigatoria

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición previamente na Oficina de Turismo de Betanzos.

 

Reservas e información:

Prezos

  • Adultos: 5 €
  • Nenos e nenas de 4 a 12 anos: 1 €
  • Menores de 4 anos: gratuíto

O pagamento realizarase exclusivamente en efectivo.

Calendario de saídas

Xuño

  • 16 e 18 de xuño, ás 16:30 h
  • 23 e 25 de xuño, ás 11:00 h
  • 30 de xuño, ás 16:30 h

Xullo

  • 2, 14, 16, 28 e 30 de xullo, ás 16:30 h
  • 7, 9, 21 e 23 de xullo, ás 11:00 h

Agosto

  • 4 e 6 de agosto, ás 11:00 h
  • 11 e 13 de agosto, ás 16:30 h

Setembro

  • 1 e 10 de setembro, ás 16:30 h
  • 3, 8 e 15 de setembro, ás 11:00 h

Desde o Concello de Betanzos anímase á cidadanía e ás persoas que visiten a cidade durante os meses de verán a participar nesta actividade, que combina lecer, natureza e divulgación do patrimonio local nunha contorna privilexiada.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.