Grazas!

1946

Aos pouquiños, imos acadando iso ao que lle chaman “normalidade”, si ben é certo que xa non volveremos a ser @s mesm@s. Volver a gozar de Betanzos, da nosa cidade, ten nome e apelidos.

Aqueles os de todas e cada unha das persoas que non deixaron de loitar dia tras dia para nós volver a estar TAN CERCA .

Sanitarios, forzas da orde, persoal de supermercados, das tendas de alimentación, das farmacias, de Correos, transportistas, á xente de Servizos Sociais, do SAF, voluntarias e voluntarios… Nunca seremos quen de darvos as grazas as veces suficientes. Nunca seremos capaces de transmitirvos todo o que vos debemos. O voso esforzo, a vosa coraxe, a vosa loita, a vosa empatía e a vosa solidariedade.

Volvemos a estar TAN CERCA, por toda a xente que seguiu aí, ao noso carón aínda que na distancia.

Grazas, de corazón.