O Concello instala portas automáticas no Arquivo previas á posta en marcha da cita previa para atender á veciñanza e garantir a distancia de seguridade

440

O Concello está a levar a cabo diversas obras de mellora das instalacións das oficinas municipais antes de comezar a actividade municipal que se realizará en varias fases durante o vindeiro mes de xuño. Trátase de obras que xa estaban proxectadas pero que agora se aceleraron máis coincidindo coas distintas fases de desescalada xa que “servirán para mellorar tamén a seguridade canto á distancia social e a poñer en marcha o sistema de cita previa para atender á veciñanza para evitar esperas innecesarias e non formar pequenos grupos, o que redundará en beneficio tanto dos veciños e veciñas como do persoal municipal”.

As obras céntranse nestes momentos na instalación de portas de acceso ás oficinas municipais do Liceo. Con elas se substitúe o peche exterior das oficinas formado ata o de agora por paramento lixeiro con portas abatibles de xiro vertical e fixos, por unha carpintaría de aluminio e vidro con cámara coa instalación de portas corredoiras que permitan o paso cómodo a todas persoas, e de paso potencien a transparencia cara ao interior e a percepción da entrada dende o interior.

Na zona de acceso habilitarase un espazo para a veciñanza por se é necesario agardar a quenda. A idea é que as visitas se fagan con cita previa, para continuar coas normativas de seguridade establecidas. As que, por distintos aspectos, non se poidan establecer con cita previa, fixaranse horarios para que poidan tamén ser atendidas.

Estas obras forman parte dun proxecto que incluíu actuacións en varios edificios municipais. Como o propio Arquivo, o claustro do antigo Convento de San Domingos e Cine Alfonsetti. No edificio Arquivo as obras incluíron a reparación da fachada na que se sitúa o acceso á planta principal, cunha humidade que chega ao interior e está cun enfoscado de cemento e unha pintura non permeable e a mellora do lucernario  para paliar o efecto invernadoiro cunha placa reflectante pola cara exterior que garante a diminución de temperatura en 6-7 graos no interior con respecto á orixinal, e na instalación dun “baruto” na cara interior que transforme a imaxe industrial actual do lucernario nun rico xogo de luz e sombra.

No Cine Alfonsetti os traballos estaban centrados no pavimento deste como no corredor pegado ao Claustro de San Domingos. O pavimento de formigón pintado da sala do Cine presentaba un cambio de aspecto e cor con manchas esbrancuxadas xeneralizadas e outras máis localizadas de graxa, así como algunha greta de movemento.

Neste sentido, reparáronse as gretas con morteiros e para eliminación da capa superficial lixado con diamante ata obter unha capa limpa e fina.

En canto ao claustro de San Domingos realizáronse algunhas actuación