A Secretaría Xeral de Política Lingüística retoma o prazo de presentación de solicitudes para as probas Celga de 2020 e adía a realización das probas

811

A Secretaría Xeral de Política Lingüística retoma o prazo de presentación de solicitudes para as probas Celga de 2020. Os 14 días do prazo non consumido comezaron onte e finalizan o 16 de xuño.

As datas de realización das probas adíanse ata novo aviso (setembro ou outubro de 2020) se o permite a evolución da crise sanitaria provocada pola Covid-19. As datas concretas publicitaranse no DOG e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Podes consultar toda a información no Diario Oficial de Galicia n.º 101, do mércores 27 de maio de 2020, a convocatoria completa no Diario Oficial de Galicia n.º 49, do xoves 12 de marzo de 202, ou aclarar calquera dúbida na Secretaría Xeral de Política Lingüística ([email protected]) ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos ([email protected]).