II festa da xuventude. Galería de imaxes.

331

O evento, dirixido a toda a mocidade do municipio, acolleu a primeira Batalla de Galos, unha competición entre a mocidade que ten a habilidade de rapear con ritmo de forma improvisada (freestyle) cun micrófono sobre unha base musical.

A Festa da Xuventude continuou cunha actuación dirixida aos máis pequenos e pequenas por conta de Genma Pardo, cómica, actriz e contacontos. A partir das 19:30 h realizouse un Obradoiro de cócteles sen alcol que dirixirá Compás.

Durante toda a tarde EndiMasPro, ALEM e Dj Sebas 21 foron os encargados de amenizar coa súa música o evento, antes da actuación de Pablo Duro  e da Orquestra New York

Finalmente, Dj Sebas 21 foi o encargado de pechar a festa.

O servizo de barra foi por conta da Asociación de hostalaría de Betanzos.

Durante a xornada habilitouse unha caseta de asesoramento sexolóxico gratuíto por conta da Federación de Planificación Familiar Sedra, organización non gobernamental que traballa para que todas as persoas poidan exercer o dereito a decidir libremente sobre a súa sexualidade e reprodución e o dereito a ter acceso a todos os servizos que se necesiten.