María Barral celebra que a Xunta atenda as peticións do Concello e saque a licitación o plan director do Pasatempo

442

Quero agradecerlle ao conselleiro que, por fin, atendese a nosa petición e que demos un paso importante no traballo de recuperación do Pasatempo sacando a licitación, nuns días, a redacción do plan director do parque. É unha noticia moi importante para Betanzos que nos permitirá planificar as actuacións nas que esperamos participe tamén a Xunta como o está facendo a Deputación da Coruña.

 

A alcaldesa, María Barral, fixo público este anuncio durante a visita que realizou, na mañá do pasado día 22 de febreiro, xunto ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a directora xeral de Patrimonio á igrexa de San Francisco na que  levaron a cabo obras de mellora da cuberta.

A primeira edil explicou que o goberno local levaba tempo “esperando este anuncio” e que lle trasladou ao propio conselleiro “o noso agradecemento”. “Estamos ante o primeiro paso da Xunta  para incorporarse a unha actuación e un proxecto que sen dúbida pretende recuperar un dos símbolos de Galicia”, indicou tras lembrar que “ata agora as obras programadas enmarcáronse no acordo entre o Concello e a Deputación da Coruña, a través dun acordo que inclúe unha partida duns 750 000 euros entre as dúas administracións. Agora, esperamos que con este paso da Xunta, a administración autonómica se implique de maneira directa tamén no financiamento dos traballos e podamos seguir ampliando o radio de acción no parque”.

A alcaldesa teñen solicitada unha reunión de carácter urxente coa dirección de Patrimonio para “perfilar todas estas actuacións e ir da man no avance dos traballos”. Ademais, espera que unha vez declarado BIC, o Pasatempo reciba por primeira vez a achega económica que desde hai anos merece incorporándoo aos fondos que o Estado traspasa ás comunidades autónomas. “Sabemos que hai interese por parte do Goberno do Estado na recuperación do Pasatempo, polo que tamén instamos á Xunta a que nesa relación de investimentos para os BIC faga especial fincapé en Betanzos”.

María Barral tamén valorou os traballos efectuados na igrexa de San Francisco mediante a achega de fondos do Goberno centra