Muiño Roxo acto 50 aniversario

203

O Concello colocou un “Muiño Roxo” na praza Natalia Jimenez de Cossío en recoñecemento ao emblemático establecemento hostaleiro “Muiño Roxo” tal e como se acordou no 50 aniversario deste local aprobado pola Comisión de Nomenclator e polo Pleno Municipal.

 

 

 

No seu discurso, a alcaldesa explicou que “hai locais comerciais ou de hostalaría que co paso do tempo se converten en algo que vai moito máis alá daquelo para o que foron concedidos. Son moito máis que un lugar no que mercar, no que comer, ou no que tomar un viño. Convértense no epicentro dun barrio, no lugar no que veciños e veciñas coinciden e comentan as novas da vila ou das súas propias vidas, no que celebran as súas festas o no que choran ante calquer revés. É o caso do Muiño Roxo, un emblema da nosa cidade e moito máis que un café bar no barrio de As Cascas”.
María Barral indicou que o Muiño Roxo colocado na praza Natalia Jimenez de Cossío, ao lado do establecemento hostalero, “lembrará que a carón do Mendo naceu un deses locais que forman xa parte da historia de Betanzos, tres xeracións dunha mesma familia rexentando o establecemento dende 1966 ata hoxe”.


A Alcaldesa María Barral e o fundador do “MUiño Roxo” Paco Casal”
Recordou o traballo de esas tres xeracións con Paco Casal á cabeza; co seu fillo Jose, a súa mulle Mari, e os seu neto Samuel, sin esquencer a unha persona que dexou “unha pegada inesquecible para todas as persoas que a coñecimos, a muller que foi corazón e alma do Muíño Roxo: Elena López Carro (esposa, falecida, de Paco Casal)”.