O Concello de Betanzos adhírese á campaña De fronte á violencia de xénero da Deputación da Coruña.

189

Por quinto ano consecutivo o Concello de Betanzos colabora na campaña provincial polo 25 de novembro De fronte á violencia de xénero.

Este ano a campaña pon o foco nas novas formas de violencia machista no eido dixital, coma a manosfera, o conservadurismo relacional, o valor no mercado sexual (VMS) ou o papel da intelixencia artificial na creación e difusión de violencias contra as mulleres.

Toda a programación deste 2025 pode consultarse na seguinte ligazón.