Imaxenes da concentración e a lectura do manifesto en contra da violencia contra as mulleres.

315

O pasado martes, 25 de novembro, ás 12:00 horas na praza da Constitución, diante do edificio do Concello, tivo lugar a concentración en contra da violencia contra as mulleres.

Ademais da alcaldesa, María Barral, interviu unha representante do Colectivo Feminista das Mariñas, Nuria, e a cantante betanceira Mariña, que puxo coa súa preciosa voz o punto e final ao acto.

 

Por outra banda, o sábado 29 de novembro celebrarase a XII Andaina contra a Violencia de Xénero do Consorcio As Mariñas, sendo Betanzos a localidade pola que se desenvolverán os 5 km do traxecto.

A saída será ás 11:00 horas desde a praza Irmáns García Naveira e as persoas que así o desexen poderán anotarse desde media hora antes do inicio da actividade.