O Concello de Betanzos entregou o Premio Úrsula Meléndez de Texeda 2020 á directiva de a Asociación Española Contra el Cáncer de Betanzos.

580
O acto celebrouse no salón azul do Edifico Liceo despois de que hai un ano tivese que ser suspendido por mor da COVID19.

Este premio quere destacar a traxectoria dunha entidade, que cumpre  40 anos con presenza no noso municipio, e da súa directiva, integrada por mulleres que levan anos e anos “facendo unha traballo extraordinario de #axuda e colaboración con persoas e familias do municipio que afectadas polo cancro”.