O Concello de Betanzos entregou onte a 12 mulleres o distintivo “Muller Emprendedora” 2020 despois de abrir os seus negocios en pleno ano de pandemia

40
O acto tivo lugar na Sala Xulio Cuns do Edificio Liceo, seguindo o  protocolo sanitario, e serviu tamén como un espazo de encontro entre as propias emprendedoras, de cara a establecer lazos de colaboración e de empoderamento feminino.
A entrega deste distintivo formaba parte da programación ao redor do 8 de marzo, mes da Muller, pero tivo que ser adiada por mor da crise sanitaria
Con el recoñeceuse así o labor emprendedor de doce mulleres que, en plena pandemia decidiron abrir un negocio ou se puxeron á fronte como titulares dun negocio xa existente.
As doce mulleres están ao fronte de: Academia Cristina Dopico; Aloia Centro de Día; Apartamentos Moreira; Bar A Lambada; Restaurante Ternera Grill; Cafeteria Rosalía; Carnicería Fermín; Cosméticos de la Rosa; Covirán; DTRES; Melanger Pastelería e Parrillada Os Caneiros.