O Concello de Betanzos inicia a programación do Ano Antolín Faraldo co ciclo de conferencias do Anuario Brigantino centrado no histórico betanceiro

497

O Concello de Betanzos inicia a programación do Ano Antolín Faraldo centrando as conferencias do ciclo do Anuario Brigantino na figura deste betanceiro. O pleno do Concello acordou por unanimidade instaurar ao ano 2022 como Ano Antolín Faraldo e o Concello de Betanzos levará adiante nos vindeiros meses un programa de actividades culturais, de divulgación e lúdicas arredor da figura de Antolín Faraldo Asorey, unha das figuras máis relevantes do século XIX en Galicia e ilustre betanceiro

O ciclo de conferencias do Anuario Brigantino Ano Antolín Faraldo terá lugar os días 13 e 26 e maio ás 20:00 h no Salón azul do Edificio Arquivo coas conferencias de Xurxo Martínez, estudoso e especialista na biografía de Faraldo, que vén de publicar na Editorial Alvarellos Querida liberdade: vida e obra dun precursor do Rexurdimento, e Justo Beramendi, recoñecido historiador galego e presidente do Museo do Pobo Galego, que contextualizará o momento histórico que viviu Faraldo e do nacemento do galeguismo político.

Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino “Ano Antolín Faraldo”

Faraldo, un home novo. Unha nova biografía á luz da documentación inédita e descoñecida”

Venres 13 de maio  – Xurxo Martínez González

O nacemento do galeguismo político”

Xoves 26 de maio, Justo Beramendi