O estudantado betanceiro xa dispón da primeira aula de estudo autoxestionada, que funcionará de 21:00 h a 07:00 h

495
Aula de estudo situada no centro de maiores, na praza dos Irmáns García Naveira

O Concello puxo en marcha a primeira aula de estudo. Estará situada no centro de maiores, na praza dos Irmáns García Naveira e poderá ser utilizada como complemento á biblioteca municipal unha vez peche a súas portas estas últimas instalacións. E dicir, a partir das 21:00 h ata as 07.00 h.

O obxectivo é que esta aula poida ser utilizada polos universitarios e universitarias e o alumnado de Secundaria que estean en época de exames. Para acceder, o alumnado terá unha tarxeta persoal que poderán solicitar a través da web www.betanzos.gal, onde irán os seus datos e que servirá para ter un control de entrada a saída.

A alcaldesa, María Barral, explicou que con estas instalacións se cubre unha antiga demanda de estudantes que non dispoñían de espazo unha vez pechaba á biblioteca municipal. Dende o Concello insistirase ás persoas usuarias na necesidade de coidar a instalación; ser cívicas, ter presente que o local que utilizan é de todos e toda e, polo tanto, deben coidalo, e respectar o dereito das persoas que veñen detrás.

A aula de estudo poderá ser utilizada como complemento á biblioteca municipal

As dependencias deberán utilizarse para a finalidade solicitude e, en caso de que aconteza algún dano, responsabilizarse dos danos que pola actividade causen no inmoble, mediante o pagamento ao Concello as reparacións que corresponden. Tamén se fai fincapé e que debe quedar  limpa despois de utilizala, non facer ruído que moleste a outras persoas usuarias e á veciñanza da zona e non  consumir alcol.

A tarxeta de acceso é persoal e intransferible, cada persoa usuaria será responsable do uso desta, e poderá ser sancionado no caso de incumprimento.