
A alcaldesa, María Barral, presidiu o acto onde un total de dez mulleres foron recoñecidas co Distintivo Muller Emprendedora, que chega este ano á súa sétima edición.
Esta actuación forma parte dos actos desenvolvidos no Mes da Muller, co gallo do 8M, e busca recoñecer a labor das mulleres que abriron novos negocios ou se puxeron á fronte de establecementos xa existentes como titulares no ano 2024.
Nesta ocasión, prémianse locais relacionados co tempo libre e de lecer, cos servizos especializados de logopedia, co benestar e coa saúde, coa estética e coa perruquería, coa hostalaría, e coa industria hoteleira.
Os nomes propios desta edición son: Parque Infantil Mundo Máxico, Silabea Centro de Logopedia, Eme Benestar, Lucía Sesto Centro Láser, Betanzos Nails, Perruquería Ana, Taberna O Globo, Café Bar Á túa beira e pensión A Plaza Betanzos.
O acto de entrega de distintivos tivo lugar o pasado 23 de marzo, onde as emprendedoras poderon compartir as súas experiencias nesta nova etapa profesional.









