O Concello conclúe os traballos de reforma da praza Uxío Novoneyra

815
A alcaldesa, María Barral xunto a concelleiro de infraestruturas, Andres Hermida, e tecnicos da obras antes da apertura da praza Uxio Novoneyra.

O Concello abriu a praza Uxío Novoneyra unha vez concluídos os traballos de adecuación deste céntrico espazo público situado nas inmediacións do antigo ambulatorio.

Tras encargar un informe sobre os árbores –carballo americano– e confirmar así o seu mal estado, o Concello iniciou os traballos de acondicionamento abrindo os alcorques, danados polas raíces, o vandalismo e o paso dos anos, cuxa situación provocou máis dunha caída. Ademais de arrombalos, plantáronse para plantar acacias de Constantinopla, azaleas, e roseiras.

Instalouse diverso mobiliario urbano con bancos e papeleiras, antivandálico, con cores neutras,  ademais de pintar os muros que rodean a praza e realizar unha limpeza do pavimento. O obxecto do proxecto foi crear un espazo máis humanizado nunha contorna rodeada de numerosas vivendas. Os traballos forman parte das obras de mellora de espazo público que está a realizar o goberno local en varias prazas da cidade.

PLAZA UXIO NOVONEYRA 21-marzo-2025

Así, outro dos proxectos que se está executando e cuxos traballos concluirán nos próximos días é o da praza do Emigrante, que inclúe  tanto a  rehabilitación como a impermeabilización da mesma, reordenando o espazo e mellorando o seu deseño e funcionalidade coa posibilidade de crear áreas de descanso e xogos infantís, recolocando o mobiliario urbano para xerar “un uso máis lóxico da superficie da praza e dotala dunha identidade da que carecía”.

Os traballos consisten na mellora, por tanto, do firme, renovando o pavimento, as instalacións eléctricas e de recollida de pluviais para evitar as filtracións que se producían sobre o garaxe existente debaixo da praza. Renovarase tamén o pavimento e o mobiliario incluíndo o deseño de novos bancos e zonas de descanso, plantación de especies vexetais e a localización dunha nova área de xogos infantís.

Outra das zonas nas que se actuará é a praza de Dona Águeda na que se mellorará o pavimento e realizaranse traballos de impermeabilización na práctica totalidade da superficie da mesma. O obxectivo é  actuar dunha maneira integral sobre o deseño e funcionalidade da praza cun novo deseño de pavimento xunto cun banco que delimite a nova xeometría do espazo, recolocando o mobiliario urbano, eliminando as xardineiras fixas e dotando dun uso máis lóxico da superficie da praza. Desta forma, eliminaranse os problemas actuais de recollida de augas pluviais.

Conseguirase actualizar os acabados, resolver os problemas que se detectaron de impermeabilización cara á planta inmediatamente inferior que alberga as prazas de aparcamento das edificacións que circundan o propio espazo público e naturalizar as zonas de goce outorgando unha imaxe de coherencia a esta praza dentro do centro urbano.